Artistas

Hitóricos

Dolorock 2006

O Dolorock’06 foi a confirmación das expectativas que en edicións anteriores apuntaba o festival, grazas á inclusión de artistas de recoñecido caché no panorama musical español coma son: Deluxe, que contou coa colaboración sorpresa de Juan Aguirre guitarrista de Amaral, Pal’keli, banda descendente do desaparecido grupo sevillano O’funkillo, e con dous dos grupos máis sorprendentes do marco musical galego Meu, que conta con antigos compoñentes da Elephant Band, grupo dos comezos de Xoel López antes de formar Deluxe e Cornelius, recoñecido grupo do Maketón Estrella Galicia.

O cartel do Dolorock´06 formárono:

A afluencia de público acercouse as 4.500 persoas que poideron disfrutar da boa música con un ambiente inmellorable. Nesta edición contouse tamén con varios postos de artesanía dotando dunha cor especial ó festival.

A profesionalización do festival xunto coa moi boa organización do mesmo, en canto a trato cos artistas, servizos para o público, prezos, etc. abalada por críticas de prensa e de público en foros de internet serviron para conseguir unha calidade resaltable que fai que o Dolorock non se poña límites de cara ó futuro.

Dolorock 2005

O Dolorock’05 foi un punto de inflexión moi importante de cara as ambicións e asentamento do festival na cultura da comarca do Salnés. O logro máis importante deste ano foi que o Concello de Meis pasase de dar unha pequena axuda a se-lo principal patrocinador do festival. Este ano tamén se comeza a traballar con productoras musicais e aparecen novos hándicaps como a seguridade ou o catering especializado.

O cartel do Dolorock’05 formárono:

O presuposto total do Dolorock’05 ascendeu á cantidade de 20.000 €, contratouse un equipo de 25.000W de son e 40.000 de luz con robótica, canóns de fume, canón de luz, escenario de 10x12 metros,etc.

Con Kannon conseguiuse chamar a atención do público debido a sua fama noutros recoñecidos festivais coma o Cultura Quente de Caldas, o Derrame Rock de Langreo ou o famoso Festimad de Madrid. A afluencia de público superou as 1.500 persoas deixando moi bo sabor de boca nos asistentes.

Dolorock 2004

Na edición do ano seguinte déronse uns cantos pasos importantes na edición do festival:

  • Cambio de lugar de celebración que pasaría a ser no coñecido Campo da feira do Mosteiro

  • Axuda económica do Concello

  • Cartel con grupos máis coñecidos a nivel galego

  • Publicidade nos medios

  • Utilización de backstage, etc


O cartel do Dolorock’04 formárono:

O presuposto total do Dolorock’04 superou os 6.000 €, pasouse a utilizar un equipo de 9.000 W de son e 10.000 W de luz

Dolorock 2003

O Festival de Música Dolorock, xurde, coma moitos outros grandes proxectos, froito da casualidade, de aproveitar o momento e das gañas de facer "cousas".

No ano 2003 ofrecéusenos facer as festas prarroquiais en honra á Virxe das Dores de Santo. Tomé de Nogueira, xa que non había xente disposta a sacalas adiante. A nosa asociación, ademais de organizar a festa, na véspera da mesma, tarballamos arreo para sacar adiante o que sería o primeiro Festival de Música e que naceu baixo o nome “Dolorock’03“.

Neste primeiro Dolorock’03, o cartel estivo formado polos grupos:

O presuposto total do Dolorock’03 non superou os 2.000 €, alugouse un equipo de son de 5.000 W.

































































Cartel 2011

Lori Meyers + Fuel Fandango + Idealipsticks + Maryland + Eme Dj + Fiumichino Dj


Cartel 2010

Os comentarios sobre os grupos correspondense a nosa opinión no mesmo ano do cartel.


Cartel 2009

Os comentarios sobre os grupos correspondense a nosa opinión no mesmo ano do cartel.


Cartel 2008

Os comentarios sobre os grupos correspondense a nosa opinión no mesmo ano do cartel.


Cartel 2007

Os comentarios sobre os grupos correspondense a nosa opinión no msemo ano do cartel.


Cartel 2006

Os comentarios sobre os grupos correspondense a nosa opinión no mesmo ano do cartel.


Cartel 2005

Os comentarios sobre os grupos correspondense a nosa opinión no mesmo ano do cartel.


Cartel 2004

Os comentarios sobre os grupos correspondense a nosa opinión no mesmo ano do cartel.


Cartel 2003

Os comentarios sobre os grupos correspondense a nosa opinión no mesmo ano do cartel.