|
||||||||||||||||
Artistas |
||||||||||||||||
Hitóricos |
||||||||||||||||
|
LORI MEYERS Os granadinos Lori Meyers convértese no primeiro grupo non local que repite no Dolorock. Si ben, no 2007 con só dous álbumes publicados eran unha das maiores promesas do indie-pop nacional, agora 4 anos máis tarde e con 4 traballos baixo o brazo, convertíronse nunha das bandas máis relevantes e máis aclamadas do panorama musical español.
Fuel Fandango Posta de largo do duo formado pola espectacular cantante cordobesa Nita e o productor Ale Acosta. Despóis de máis de 70 concertos e 15.000 descargas no seu web do seu primeiro EP, é hora de presentar o seu primeiro longa duración. 13 cancións donde podemos encontrar dende funk, rock, electrónica e ata un chisco de flamenco cunha linguaxe propia. O disco ademáis foi masterizado en Londres por Simon Daveys (Depeche Mode, Bjork, Chemical Brothers), disco no que se poden apreciar a súas letras coidadas e arroupadas por unha producción moi elaborada e sen prexuizos a hora de mesturar elementos electrónicos propios da música de baile coas guitarras máis rockeiras, melodías pop e sutís pinceladas de flamenco.
Sen dúbida onde se crece Fuel Fandango é no directo, Nita e Ale van arroupados pola apisonadora Carlos Sosa a batería, un trío cunha actitude moi rockeira disposta a ofrecer a versión máis bailable do seu repertorio e gran posta en escea, onde podemos observar elementos estéticos do Flamenco tratados dunha maneira libre e sin estereotipar.
IDEALIPSTICKS Idealipsticks veñen de Guadalajara e armaron moita trásfega no panorama independiente, coa súa habilidade para actualizar os sons rockeiros máis clásicos. Unha posta en escea atractiva e moita actitude, valeulles xa o recoñecemento de boa parte da crítica, con cancións que se situan entre o pop de guitarras, a new wave e o punk.
En 2010 Idealipsticks publicou o seu segundo álbum, "Sins & songs", mantendo a frescura do seu antecesor, e esa dualidade de voces masculina/femenina selo da casa que os caracteriza, anque neste disco votaron man da súa vena máis rockeira e garaxeira para dar renda solta a súa creatividade. É en definitiva un disco a antiga usanza, sen cancións de recheo nin lugar aos experimentos. Trece trallazos de Rock & Roll condensados neste traballo que farán as delicias e convencerán aos asiduos ao Rock de Garaxe máis aguerridos e tamén aos “Rockeiros” de novo cuño.
Maryland A traxectoria dos vigueses Maryland é temprá de feito, o seu primero traballo, "Surprise" veu a luz no 2009, dando a sorpresa cun son fresco e contundente. Con este disco, Maryland pasearonse por varios festivais de renome e todo tipo de salas. coas súas letras un tanto etéreas sen caer no shoegaze máis sectario, con guitarras enérxicas, e toqueteando unha morea de etiquetas, pero coa capacidade de non caer moito en ningunha delas.
En 2011 sacan "Get Cold Free", o segundo disco da banda, disco no que, a o contrario do que indica o seu título, nótase que se volcaron de cheo nel, deixando atrás calquera tipo de dúbidas e medos. Maryland da; un importante paso cara adiante con “Get cold Feet”, mostran unha maior madurez que se traduce nun son que gaña en intensidade e frescura. Un son máis atrevido e solto que lles fai gañar moitos enteiros. Neste senso “Surprise” percibese agora coma un diamante sen pulir, o que di moito da fantástica evolución da banda.
Eme DJ Marta Fierro, máis coñeida como EME DJ, é considerada coma o mellor Dj 2010 de España. Empezou no 2005 como residente do Low Club (Madrid) pondo indie, pop e rock e no 2007 comezou a pinchar con vinilo e a interesarse pola música electrónica e cambiou a súa maleta de CDs polo traktor scratch e os pratos technics.
Nas súas sesións pódese escoitar new wave disko, electrorock, fidget house, indie, nu rave, discopunk, pop, french touch, dance rock, bastard pop, electroclash, 80s, 90s...
Fiumichino Dj Fiumichino é un polifacético Dj, músico e productor que leva anos pinchando en diversas salas de Galicia, a demáis traballou coma guitarrista, teclista e creando programacións en diversos grupos da escea indie.
Coma compositor e productor editou o EP Standby-R baixo o sobrenome de FIUMICHINO, proxecto no que colaborou o guitarrista Pablo Blanco, co que grabaron unha das cancións máis representativas do recopilatorio Coruña. Na actualidade coñéceselle pola súa presenza en internet a través das sesións en directo dende www.fiumichino.es e en diversas salas e festivais. Ademáis, é profesor de DJs e producción musical, produce os seus propios temas de corte electro e agora forma tandem com Eme Dj, no proxecto EmeDj & Fiumichino.
|
||||||||||||||||
|
Cartel 2011 Lori Meyers + Fuel Fandango + Idealipsticks + Maryland + Eme Dj + Fiumichino Dj ![]() Cartel 2010
Os comentarios sobre os grupos correspondense a nosa opinión no mesmo ano do cartel. Cartel 2009
Os comentarios sobre os grupos correspondense a nosa opinión no mesmo ano do cartel. Cartel 2008
Os comentarios sobre os grupos correspondense a nosa opinión no mesmo ano do cartel. Cartel 2007
Os comentarios sobre os grupos correspondense a nosa opinión no msemo ano do cartel. Cartel 2006
Os comentarios sobre os grupos correspondense a nosa opinión no mesmo ano do cartel. Cartel 2005
Os comentarios sobre os grupos correspondense a nosa opinión no mesmo ano do cartel. Cartel 2004
Os comentarios sobre os grupos correspondense a nosa opinión no mesmo ano do cartel. Cartel 2003
Os comentarios sobre os grupos correspondense a nosa opinión no mesmo ano do cartel. |
||||||||||||||||
|
||||||||||||||||