Artistas

Hitóricos

1990's

1990's regresan con “Kicks”, segundo álbum do trío escocés. Despois de que nos soprenderan no 2007 co seu álbum extraordinario “Cookies”, voltan cargados de enerxía.

A historia desta banda é máis ben pintoresca xa que case sen saberlo formaron a súa banda e sen apenas darse conta, auparonse ao éxito, rodeados de fama e con un contrato nunha discográfica.

Jackie McKeown militaba antes en Yummy Fur (xunto a uns por entonces descoñecidos Alex Kapranos e Paul Thompson, hoxe en Franz Ferdinand). En 2006 xa non paraban de tocar, actuando como teloeiros de The Strokes, Babyshambles, Belle & Sebastian, The Pipettes o The Long Blondes. Un ano no que tamén tiveron tempo para grabar, converténdose na meniña mimada do selo Rough Trade.

Seguen na mesma líña co seu glam rock de guitarras asperas e dislumbramentos de voces rock pop. Temas directos, melodías brillantes e estribillos hiperadictivos nun compendio de rock de reminiscencias salvaxes e setenteiras.

 

Triángulo de Amor Bizarro

TAB formouse na Coruña aínda que os seus membros son orixinarios de distintos lugares do Barbanza. Antes da gravación do seu primeiro disco, TAB gravou dúas maquetas auto-producidas que acadaron as semifinais dos concurso de maquetas Proxecto DEMO do FIB dos anos 2004 e 2005.

Unha vez que fichan polo selo Mushroom Pillow, gravan o seu disco de debut, "Triángulo de Amor Bizarro" (2007). O disco recolleu moi boa crítica entre a prensa especializada, aparecendo nos primeiros postos entre os discos españois do 2007 (posto 2 na revista Mondosonoro e 9 na Rockdelux). Ese mesmo ano publícase tamén El Hombre del siglo V, disco no que se compilan as cancións das súas dúas maquetas xunto con outras tres cancións novas.

No 2010 presentan "Año Santo", disco que vai estar no punto de mira debido a repercusión obtida en todo o territorio estatal co seu álbum de debut, nembargantes, "Año Santo" é un dos mellores discos dos últimos anos publicados en España. Un Disco Cargado de Cancións sen concesións a ningunha galería e defendendo a sua personalidade con unllas e dentes, mostrando o seu lado máis salvaxe, punk, noise-pop e shoegaze.

TAB gañou coa incorporación doutra guitarra, bendito ruido, pero tamén coa maior participación de Isa nas voces.

Supersubmarina

Supersubmarina é un grupo de pop formado por José Chino, Jay, Pope e Juancha, catro amigos de Baeza (Xaén) que decidiron formala banda no 2005, ano no que comezaron a tocar por diversión e en condicións moi precarias, coma a maioría dos grupos noveles con compoñentes moi xóvenes.

A finais de 2008 sae a luz o seu primeiro EP, "Cientocero", composto por catro cancións. Tras este traballo saleu no 2009 un nuevo EP de título homónimo, "Supersubmarina". Ep no publican outras catro cancións, algunhas das cales aparecerán no seu álbum debut.

A principios de 2010, Supersubmarina firmou pola compañía discográfica Sony Music para lanzar o seu primeiro disco. De título "Electroviral", recolle un compendio de 13 cancións.

Sen moito soporte publicitario están conseguindo situarse entre o máis alto do indie español, grazas a un son pop-rock dentro dese subxénero indie que fuxe de voces insoportabres e dun surrealismo de compricado entendemento. Cantan sobre os problemas cotiáns ou as relacións persoais, pero fano cunha linguaxe propia e un estilo moi orixinal.

+ Vídeos
Supersubmarina - Videoclip
Ciento Cero - Videoclip
Ana - Fotoclip
Ola de Calor
+ info en Webs
Web oficial
Myspace música
+ Webs de opinión
IndyRock
Hypersonica
Mondosonoro


Igloo

Un iglú é frío no seu exterior, pero garda calidez e vida no interior. Unha metáfora que define a perfección o que é Igloo. Un grupo que se desmarca dos estándares, conxugando a contundencia dunhas guitaras afiadas coa trasmisión de emocións e semsacións eléctricas. O Resultado e un son que se move entre o frío glacial e a calidez humana.

A banda nace no 2004. Pronto graban a súa primeira maqueta composta de catro temas. Todos os cortes foron incluidos no seu disco de debut "Igloo" (2005). Un debut homónimo que chama a atención por esas bases electrónicas envolventes e a contundencia dosificada dunhas guitarras que son a seña de identidade da banda.

Un año mais tarde entregan o Ep "Una luz de Estío Glacial" (2006). Seis cortes nos que manteñen esos xogos efectivos entre o lirismo melódico e a pulsión nerviosa.

En 2009 presentan "La transición de fase", recolle dez temas en castelán nas que a banda avanza pola senda das letras íntimas e afonda na consecución dun son propio. cancións que gañan en pulsió, máis enénerxicas e desgarradas, pero nas que se recoñece o sello dos creadores. Igloo prefire traballar as súas cancións dun modo case artesanal, pulindo cada detalle, atentos as necesides de cada canción. Música honesta, con eles e connosco, sen pretenciosidade, sen pose.

As colaboracións de Adolfo Langa, Miguel Rivera (Maga) e Paula Gamallo, añaden lustre a unha grabación xa de por si excelente.

En Xullo de 2010 Igloo gañan o Premio Especial do Público por "La transición de fase" na segunda edición dos Premios da Música Independente convocados pola Unión Fonográfica Independente (UFI).

Munich

>

Munich nace en vigo durante os primeiros meses de 2008, fórmase coa idea de fundir o son dos oitenta máis escuros coas atmósferas actuais máis densas e profundas, consolidando progresivamente o seu son hacia o postpunk máis clásico.

Bases rítmicas presentes, ambientes de guitarras afiadas e o uso do sintetizador marcan as liñas básicas do grupo, sempre acompañadas pola voz grave e desgarrada do seu vocalista.

Habituais das salas da súa cidade, en Xaneiro de 2009 ve a luz a súa primeira referencia, "Confusion, Lights & Sounds". Composta por catro temas que lles valeu para ser finalistas do Demonova'09, o Maketón Estrella Galicia ao mellor directo e os Levis's Unfamous Music Awards. Así, e tras compartir esceario con grupos como Cats on Fire, The Mary Onettes, Pete and the Pirates, Dorian ou Love of Lesbian, voltaron a entrar no estudio para preparar a súa segunda demo, da que ainda non coñecemos o nome pero si ,alomenos, dúas das cancións das que está composta. "Learn About" e "Pleasure Death". Temas nos que se pode apreciar a meteórica maduración de Munich como banda, con un son máis limpo e contundente.

 

Eme DJ

Marta Fierro, máis coñeida como EME DJ, é considerada coma o mellor Dj 2010 de España. Empezou no 2005 como residente do Low Club (Madrid) pondo indie, pop e rock e no 2007 comezou a pinchar con vinilo e a interesarse pola música electrónica e cambiou a súa maleta de CDs polo traktor scratch e os pratos technics.

Eme percorreuse as cabinas de casi todo Madrid,O seu estilo desenfadado, a súa orixinalidade cos pratos e a súa sorprendente técnica levouna a viaxar por salas de toda a xeografía española. Tamén pinchou en festivais tan importantes coma o FIB (2006), a festa de Bread & Butter en Barcelona (2008), Lemon Pop Festival de Murcia (2007) ou o 981 Festival de A Coruña (2006) e varias veces en Londres (Inglaterra) pinchando na festa da revista New Musical Expres (NME) no prestixioso KoKo Club para mais de 2000 persoas e ocasionalmente en Casino Royale e Voltage Club e Transmission Club, tres dos clubes indies mais importantes de Londres.

Nas súas sesións pódese escoitar new wave disko, electrorock, fidget house, indie, nu rave, discopunk, pop, french touch, dance rock, bastard pop, electroclash, 80s, 90s...

       


Cartel 2011

Lori Meyers + Fuel Fandango + Idealipsticks + Maryland + Eme Dj + Fiumichino Dj


Cartel 2010

Os comentarios sobre os grupos correspondense a nosa opinión no mesmo ano do cartel.


Cartel 2009

Os comentarios sobre os grupos correspondense a nosa opinión no mesmo ano do cartel.


Cartel 2008

Os comentarios sobre os grupos correspondense a nosa opinión no mesmo ano do cartel.


Cartel 2007

Os comentarios sobre os grupos correspondense a nosa opinión no msemo ano do cartel.


Cartel 2006

Os comentarios sobre os grupos correspondense a nosa opinión no mesmo ano do cartel.


Cartel 2005

Os comentarios sobre os grupos correspondense a nosa opinión no mesmo ano do cartel.


Cartel 2004

Os comentarios sobre os grupos correspondense a nosa opinión no mesmo ano do cartel.


Cartel 2003

Os comentarios sobre os grupos correspondense a nosa opinión no mesmo ano do cartel.