Artistas

Hitóricos

Love Of Lesbian

Love of Lesbian é un grupo de pop-rock indie español radicado en Barcelona que está en activo desde 1998. Ao principio cantaban en inglés, língua na que editaron "Microscopic Movies" (1999), "Is It Fiction?" (2002) e "Ungravity" (2003). Despois de tres discos en inglés, decidiron cantar en castelán, língua na cal sacaron os seus tres últimos discos.

No 2000 foron teloeiros de The Cure durante o Dream Tour 2000, pero este dato xa pasa a ser unha anécdota cada vez máis intranscendente xa que hoxe en día son unha das bandas máis apreciadas pola crítica da escea indie española, sobre todo a partir da publicación de "Maniobras de escapismo" en 2005.

En 2007 sacan "Cuentos Chinos para Niños del Japón", Na liña do seu anterior disco. Éste foi elexido mellor disco do ano pola publicación musical Mondosonoro.

En 2009 sacan "1999", o cal entrou ao número 33 da lista oficial de vendas en españa (lista Promisicae) na súa primeira semana a venda. Neste disco os lesbianos seguen na súa obsesión por marcar un antes e un despois na música pop española.


Nudozurdo

Nudozurdonace en Madrid no ano 2001 cando Leopoldo Mateos e Felipe Salazar se coñecen a o cabo únese Daniel Asúa. No ano 2002 con apenas 4 temas preparados presentanse ao Popzuelo 2002. Fanse co primeiro premio que consiste na grabación dun disco nos estudios Box de Madrid. Logo de grabar un video–clip do tema “Utilízame” comenzan a facer pequenas xiras por toda a península.

No 2005 deciden voltar aos estudios Box para rexistrar outros 9 temas baxo o título de “sintética”. Nesta ocasión Pep Roca encargase da grabación e posterior mezcla sendo o responsable dun son máis orgánico, denso e compacto que fai de este disco unha peza sonora moi coidada e meditada. As súas escuras reminiscencias evócanos pasaxes de Joy Division, The Cure ou os máis contemporáneos interpol, grazas a esas guitarras rítmicas omnipresentes. O peche inesperado dos estudios e os numerosos e inusuais percances que se suceden demoran a finalización do disco hata o 2007. Neste período Felipe Salazar (Colombia) ten que voltar inesperada e indefinidamente ao seu país para atender asuntos persoais e Daniel Asúa (Gernika) regresa a súa ciudade de orixe para retomar as súas actividades profesionais. O grupo queda temporalmente horfo e en débeda con estos dous músicos excepcionais.

Unha vez acabado, o disco masterizase nos estudios JJ Golden en California mentres o grupo queda reflotado (pasando de tres a catro compoñentes) con César de Mosteyrín, Jorge Fuertes e “Meta”. Leopoldo Mateos queda como único enlace coa primeira etapa de nudozurdo. Finalmente “Sintética” sae a luz a mediados de 2008.

Nudozurdo é un grupo que se expresa especial e esencialmente en directo donde toda a enerxía e os matices dos xogos dinámicos se tensan hata convertirse nunha liturxia sólida. Nudozurdo responde a un estímulo visceral e sincero de comunicarse co público a través das súas letras e da súa enfermiza necesidade de crear para curar. De feito Sergio Picón de Muzicalia atrévese a aseverar: "Una obra maestra que ha roto por completo el panorama de rock nacional" e "De largo, el mejor y más serio proyecto cantado en castellano de los últimos años."

+ Vídeos
El Hijo de Dio - Directo Radio 3
Ha sido divertido - Directo Radio 3
Negativo - Directo Radio 3
Otra vez - Directo Radio 3
Reportaxe - scannerBCN
+ info en Webs
Myspace Música
Fotolog
+ Webs de opinión
Muzicalia
LastFm
Mondosonoro

Niños Mutantes

Niños Mutantes inician a súa andadura en 1994. Nun principio dedicanse a grabar e mover as súas maquetas. As cancións encontran boa acollida e obteñen moi boas críticas, soando tamén con certa frecuencia en emisoras como Radio 3, especialmente nos programas Diario Pop e Disco Grande, donde son elexidas entre as mellores maquetas do 95 e do 96.

En 1998 editan o seu primero disco “Mano, Parque, Paseo”, que conten catorce cancións moi influenciadas por grupos como Pixies, Pavement ou Dinosaur Jr. O disco resulta un gran éxito de crítica, e pon ao grupo definitivamente en circulación. De este xeito, Niños Mutantes actúan, con bastante éxito, no FIB de 1999, así como no Contempopránea de ese mesmo ano. Ese mesmo verán ve tamén a luz o segundo single do grupo, no que a canción titular vai acompañada de tres temas inéditos, “Ceja”, “La ardilla roja” e “El sonido de mi corazón”.

O seu segundo disco sae en outubro de 2000, co título de “Otoño en Agosto”. Nel xa se pode ver a evolución do grupo hacia un son máis elaborado; coa segunda guitarra e os teclados, o son faise máis rico, pero tamén máis escuro e distorsionado, acercándose máis a grupos como Placebo, Suede ou Radiohead, sen esquecer a súas influencias iniciais. O grupo edita un par de singles, “Florecer” e “Elévame”, E un EP "Nuevas Conversaciones en el Simca", para, por fin, sacar o seu tercero longa duración: “El Sol de Invierno”, disco co que ascenden de forma definitiva a primera plana do indie en España.

Xa coma un dos grupos máis consolidados no panorama independiente español plantexanse dar o salto ao mercado sudamericano. Coa vista posta neste mercado e grazas a boa acollida obtida, deciden editar o recopilatorio “Canciones Para el Primer Día en la Tierra“, un longa duración que recolle once dos mellores temas dos singles anteriores. Dende entón, o grupo centrase nas súas xiras e na preparación de novas cancións, tommando con algo máis de calma, incluso editando “Grandes Éxitos de Otros".

O novo disco de Niños Mutantes non chega hata 2008, editándose co nome de “Todo es el Momento”. Entra a formar parte da banda un novo guitarrista, Andrés López. De esta forma, parece que a tendencia nas composicións do grupo é a de ir cada vez suavizando as súas cancións, prestando, coma sempre, atencivn as súas letras pero esta vez arroupandoas con sons máis cálidos e intimistas.

 

The Blows

Con apenas uns anos de exitencia (dende 2006) The Blows superaron calquer expectativa previa e converteronse nunha das revelacións e máis firmes promesas da escea independiente española, conseguindo un boom similar ao das novas bandas británicas.

Con influencias de Franz Ferdinad, The Strokes e os Libertines e co bo gusto de bandas de rock clásicas como The Velvet Underground ou Television.
Coa súa demo "05.00 AM" chegan ao Top Ten de MySpace España e son elexidos coma grupo revelación nacional no 2008 por Cáceres Pop-Art e Bon vivant Records.

En 2008 xa co respaldo de Pupilo Records sacan o que é o seu álbum de debut "UPSKIRTS", grabado por Cristian Vogel ( o xenio que se acocha tras algunhas mezclas de Radiohead e Maximo Park ) traballo que foi elexido como 2º mellor disco nacional según Mondosonoro.
"UPSKIRTS", 41 minutos de música que aguanta o tipo bastante ben. 11 cancións que dan gañas de volverse moderno de golpe porque os temas son bos. Non hai ningún que desluzca do resultado final e eso é unha cousa que non todo o mundo pode decir.

 

Chema Rey DJ

Jose María Rey Jose María Rey comeza a súa etapa como DJ tras a finalización do programa El Bulevar de Radio 3 en xullo do 2007. Chema Rey estibo todos estos anos poñéndonos o mellor da música nacional e internacional, descubríndonos grupos que nos acompañaron na nosa vida e apoiando a novas discográficas independentes para dar a coñecer ao gran público esos grandes grupos descoñecidos polos que xente coma nos fomos apostando.

Na edición do FIB 2007 Chema Rey estreouse coma Dj, para embarcarse nunha aventura que nos fará deleitarnos como veu facendo todo este tiempo; agora non podemos escoitar El Bulevar frente do ordeador, a oficina ou o coche senon que podremos facelo nunha sala, despois de un concerto o en nun festival coma o Dolorock donde descubriremos que Chema pódenos facer vibrar o esqueleto como o mellor dos programas de El Bulevar, e por suposto pódenos facer sudar e queimar suelas coa mellor música posible.

Chema Rey está dispoñible para levar duas diferentes sesións de música ben coñecidas por todos, cunha audioteca musical incomparable. Pop e rock co mellor do panorama nacional e internacional ou xéneros do pop e o rock dos sesenta. Todo elo arreglado para cambiar o formato radiofónico a unha sesión de música que faga saltar a todo o mundo nas pistas de baile.

+ Vídeos
Reportaxe - RTVE
Entrevistas - En L'ambule
+ info en Webs
Musikaze
+ Webs de opinión
Wikio News
Entrevista
Fábrica de Chocolate

Eme DJ

Marta Fierro, máis coñeida como EME DJ, é considerada coma o mellor Dj 2010 de España. Empezou no 2005 como residente do Low Club (Madrid) pondo indie, pop e rock e no 2007 comezou a pinchar con vinilo e a interesarse pola música electrónica e cambiou a súa maleta de CDs polo traktor scratch e os pratos technics.

Eme percorreuse as cabinas de casi todo Madrid,O seu estilo desenfadado, a súa orixinalidade cos pratos e a súa sorprendente técnica levouna a viaxar por salas de toda a xeografía española. Tamén pinchou en festivais tan importantes coma o FIB (2006), a festa de Bread & Butter en Barcelona (2008), Lemon Pop Festival de Murcia (2007) ou o 981 Festival de A Coruña (2006) e varias veces en Londres (Inglaterra) pinchando na festa da revista New Musical Expres (NME) no prestixioso KoKo Club para mais de 2000 persoas e ocasionalmente en Casino Royale e Voltage Club e Transmission Club, tres dos clubes indies mais importantes de Londres.

Nas súas sesións pódese escoitar new wave disko, electrorock, fidget house, indie, nu rave, discopunk, pop, french touch, dance rock, bastard pop, electroclash, 80s, 90s...

       


Cartel 2011

Lori Meyers + Fuel Fandango + Idealipsticks + Maryland + Eme Dj + Fiumichino Dj


Cartel 2010

Os comentarios sobre os grupos correspondense a nosa opinión no mesmo ano do cartel.


Cartel 2009

Os comentarios sobre os grupos correspondense a nosa opinión no mesmo ano do cartel.


Cartel 2008

Os comentarios sobre os grupos correspondense a nosa opinión no mesmo ano do cartel.


Cartel 2007

Os comentarios sobre os grupos correspondense a nosa opinión no msemo ano do cartel.


Cartel 2006

Os comentarios sobre os grupos correspondense a nosa opinión no mesmo ano do cartel.


Cartel 2005

Os comentarios sobre os grupos correspondense a nosa opinión no mesmo ano do cartel.


Cartel 2004

Os comentarios sobre os grupos correspondense a nosa opinión no mesmo ano do cartel.


Cartel 2003

Os comentarios sobre os grupos correspondense a nosa opinión no mesmo ano do cartel.